martes, 18 de octubre de 2016

Xuntanza de decoración de cabazas

Achégase o Sanmaín, así nuns días toca adornar a escola con cabazas decoradas por nós. Para axudarche nesta tarea a ANPA de ARELA ten programada para o vindeiro 24 de outubro unha xuntanza. Se queres participar só tes que traer unha cabaza, no caso de que queiras tallala e se queres decorala podes traer ademais da cabaza, pinturas, goma eva, papel de aluminio...Próximamente colgaremos neste blog recursos de onde podes coller ideas para decorar a túa cabaza.
Reuniremonos o día 24 de outubro no patio da escola de 16:30 h. a 18:30 h. Podedes traer aos vosos fillos/as.
Recorda que se eres socio/a da ANPA esta actividade é de balde e se non o eres custa 3 €.
Non olvides anotarte no Recanto de pais e nais da túa aula.
Tés máis información no cartel adxunto.
ANÍMATE A PARTICIPAR!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario