miércoles, 5 de octubre de 2016

Programación de actividades da ANPA de ARELA curso 2016-2017

Dende a ANPA de ARELA comprácenos comunicarvos que xa contamos coa planificación de actividades deste curso. Como podedes ver no póster contamos con actividades para pais e nais e actividades conxuntas onde poden participar os pais e as nais cos seus fillos/as. No caso das actividades para adultos, podedes traer igualmente á escola aos vosos nenos e nenas, xa que van estar pasando un bo rato cun coidador da escola mentres nós nos informamos dalgunhas cousas interesantes. Estade pendentes deste blog do noso Facebook e dos taboleiros informativos da escola, xa que hai actividades que poden estar suxeitas a modificacións.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario