domingo, 2 de octubre de 2016

Faite socio da A.N.P.A.

Se queres formar parte da ANPA da escola infantil ARELA podes poñerte en contacto con nós a través do seguinte enderezo electrónico: apnaarela@gmail.com, podes tamén enviarnos unha mensaxe ao noso Facebook: ANPA Escola Infantil Arela ou podes falar persoalmente con algunha das persoas que forman parte da directiva (todas elas son nais de nenos/as da aula 8).
POR QUE FACERME SOCIO/A?

Porque participando nas actividades de ANPA ARELA estreitamos lazos de unión entre as familias dos nenos e nenas escolarizados na EIM ARELA.

Porque poderás asistir de xeito gratuíto ou cun custe mínimo ás actividades organizadas pola ANPA ARELA fóra do horario lectivo.

Porque colaboras nas actividades que a ANPA ARELA organiza e sufraga para todos os nenos e nenas en horario lectivo.

CAL É A COTA DE SOCIO/A?

A cota de socio é de 30€ por familia.

COMO FACERME SOCIO/A?

Ingresando a cota anual (30 €) no seguinte número de conta da ANPA ARELA (entidade bancaria: Banco Sabadell):

IBAN : ES30 0081 5187 8100 0122 2030

Se o prefires, podes facer o pago en metálico á tesoureira da ANPA (Ana: Nai de Sofía da aula 8).


No hay comentarios:

Publicar un comentario