sábado, 19 de noviembre de 2016

Resumo da festividade do Magosto celebrada na EIM ARELA o pasado 4 de novembro

Ola a todos/as!! Podedes ver neste post un vídeo-resumo sobre a festa que celebramos o pasado 4 de novembro con motivo do Magosto. Esperamos que vos guste!!!

domingo, 13 de noviembre de 2016

Obradoiro de porteo ergonómico

Recordade que o vindeiro martes, 13 de novembro celebrarase na EIM ARELA un Obradoiro de porteo ergonómico, organizado pola ANPA de ARELA e impartido pola asesora de porteo Elena Seco

Neste obradoiro poderedes resolver as vosas dúbidas sobre beneficios que nos pode aportar aos pais e nais, sobre como realizar o porteo adecuadamente, así como os tipos e usos de portabebés.

Se estades interesados/as en participar podedes anotarvos nos recantos de pais e nais das aulas.

O obradoiro é de balde para os socios e para os non socios tén un custo de 3 €.

AÍNDA ESTADES A TEMPO DE ANOTARVOS!!

OS ASISTENTES A ACTIVIDADE OBTEREDES UN 5% DE DESCONTO NA TENDA "EN BRAZOS".

Recordatorio sesións TUPPERTOYS

Queremos recordar ás persoas que vos anotastes ás sesións de Tuppertoys que terán lugar os vindeiros mércores, 30 de novembro e xoves, 1 de decembro ás 16:30 horas. Cada persoa está anotada só nunha das dúas sesións en función da súa petición. NON ESQUENZADES A CITA!!!