viernes, 20 de noviembre de 2015

Reto superado!



Onte fixemos o obradoiro para colaborar co reto Quimions, e a verdade e que nos xuntamos uns cantos para facelos e pasalo ben durante un cacho.







Houbo quen o trouxo case feito e a si puido axudar a aqueles que viñan con moitas ganas de colaborar e co feltro na man.





Os mais pequenos, aínda que se lles vía con ganas de colaborar, optaron por xogar e atender aos contos.



O final do obradoiro, xuntamos uns cantos Quimions feitos, e a verdade e que nos quedaron moi ben.



Como algúns quedaron a medio facer, porque o tempo non dou para máis, propuxemos que a data límite para entregalos rematados na escola será o día 26 de novembro, así que,  se non puideches asistir ao obradoiro pero tes ganas de participar no reto, non o dubides, faino na casa e entrégao na escola, cantos mais mellor! 

Se queredes máis información podedes entrar en Reto Quimions.


Xa por último, non podemos facer outra cousa que agradecer a participación na actividade que organizamos, e esperar que vos animedes nas próximas que iremos propoñendo no que queda de curso.

Un saúdo e deica logo