martes, 15 de enero de 2013

Benvidos


Benvid@s tod@s a esta a vosa casa
Comezamos aquí a nosa aventura no mundo dixital, o que non é máis que unha forma máis de achegármonos e de poder estar en contacto con todos os pais e nais d@s amig@s da escola infantil municipal Arela.
Este blog nace para abrir máis posibilidades de comunicación no noso día a día. Tod@s sabemos que a nosa rutina se convirte moitas veces nunha carreira contrarreloxo na que non atopamos sempre tempo para todo o que queremos. Chegamos á escola, despedímonos d@s nos@s fill@s mentres deixamos as súas cousas, falamos un intre coa súa mestra ou mestre e botamos a correr para chegar a tempo a mil citas moitas veces sen ocasión de botar un ollo aos taboleiros de anuncios do centro e moito menos aínda de buscar unha forma de contactar coa xente do Apna para lle comentar unha idea ou lle facer chegar unha protesta de calqueira tipo. Agora xa non tedes excusa, no traballo ou na casa, no ordenador de mesa, no portátil, no teléfono “listo” ou no tablet podedes seguir as novidades da Apna e facernos chegar todos os comentarios que queirades.

Pouco a pouco iredes vendo o que pretendemos facer con este blog: un punto de encontro no que poidades achegarnos calquera cousa que se vos pase pola cabeza sobre o funcionamento da escola (dende problemas do día a día até algunha boa nova), suxestións, propostas, ideas (por tolas que nos parezan, porque ás veces de aí é de onde saen os grandes avances das nosas vidas) ou mesmo algunha aportación que poida enriquecer o contido do blog.
Nós, pola nosa banda, comprometémonos a manter viva esta bitácora con novas actividades que iremos programando ao longo do curso, charlas, encontros e quizais ate poidamos tomarnos un café tod@s algún día. Pero tamén aportaremos ideas con actividades que podemos facer c@s nos@s fill@s a través dunha axenda de ocio da área da Coruña e cousiñas que podemos facer na casa para xogar e estimular @s peques.

Aquí estamos para o que queirades. Agardámosvos e animámosvos a participar na Apna e neste blog porque sen vós non existiriamos.