miércoles, 17 de mayo de 2017

Excursión á Casa Grande de Xanceda

A ANPA da EIM Arela vén de organizar unha magnífica excursión á Casa Grande de Xanceda, na cal poderedes desfrutar de primeira man cos vosos fillos/as da natureza e dos animais, coñecer os procesos que se levan a cabo nunha granxa ecolóxica, coñecer o proceso de elaboración de iogures ecolóxicos... A mesma terá lugar o vindeiro sábado 10 de xuño. Temos dúas quendas para elixir: Unha ás 16:00 h. e outra ás 18:00 h.. No caso de reunir un mínimo de 25 persoas en calquera das dúas quendas haberá que alugar un autobús que correrá a cargo da ANPA. Se estades interesados/as non dubidedes en anotarvos nos listados que temos colgados no taboleiro da ANPA que está á entrada da escola.

Animádevos a participar!!!!