Ola a todos/as!! Xa estamos arrincando motores de novo, de feito o pasado
12 de setembro a ANPA de Arela reuniuse
en sesión ordinaria para tratar os seguintes asuntos:
- Posta a disposición dos presentes dos cargos da xunta directiva.
- Aprobacións de contas do exercicio anterior
- Aprobación de contas do exercicio actual: Acórdase manter a cota anual en 30 €, facer participacións de lotería para recadar fondos e establecer unha cota xeral de 5€ para aquelas persoas que participen nas actividades organizadas pola ANPA de Arela, quedando exentas as familias que sexan socias.
- Proposta e análise de actividades organizadas pola ANPA: Obradoiro de control de esfínteres, obradoiro de decoración de cabazas, celebración do magosto, Excursión á Granxa de Xanceda…
No hay comentarios:
Publicar un comentario