jueves, 30 de marzo de 2017

Actuación do Mago Mauro na EIM ARELA

Magia, Varita, Sombrero, Hechicero, MagoO vindeiro martes 4 de abril actuará o Mago Mauro en Arela. Haberá dúas quendas de actuacións en horario escolar: Unha ás 11:00 h. para as aulas 1, 2, 3, 4 e 5 e outra ás 11:45 h. para as aulas 6,7 e 8. 
O custo desta actividade corre a cargo da ANPA de ARELA. Un ano máis poderán asistir dous pais/nais asociados á ANPA por actuación, polo que non dubidedes en poñervos en contacto con nós se estades interesados/as. No caso de que haxa máis solicitudes ca prazas faremos un sorteo. 
Anímádevos a participar!!!!

viernes, 17 de marzo de 2017

Nova data para a asemblea extraordinaria da ANPA adiada hai uns días

Ola a todos/as!! Xa contamos con nova data para celebrar a vindeira asemblea de caracter extraordinario que terá lugar o vindeiro luns, 27 de marzo ás 16:30 h. no patio da escola. Todas aquelas persoas interesadas en asistir podedes anotarvos nos "Recantos de pais e nais" que tedes na entrada das distintas aulas. Podedes ver a información detallada sobre a dita convocatoria na seguinte imaxe. 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

viernes, 3 de marzo de 2017

Adiada a asemblea do vindeiro luns

Eliminar, Cancelar, No, Símbolo, Abandonar

Ola a todos e todas, como hai moitas persoas que nos dixestes que non podiades asistir á vindeira asemblea da ANPA de Arela que estaba programada para o vindeiro luns, 6 de marzo ás 16:00 h., decidimos adiala e organizala para outra data que permita asistir a un maior número de persoas interesadas.