Podedes ver unha mostra dos traballos realizados, que decoraron a Escola Infantil nestes días de Sanmaín, nas fotografías que podedes ver a continuación.
domingo, 30 de octubre de 2016
Xa decoramos as nosas cabazas!
O pasado luns, 24 de outubro, celebramos a xuntanza de decoración de cabazas na Escola cun éxito de participación. Nais, pais e nenos e nenas botaron a voar a súa imaxinación, traballaron moitísimo e demostraron que son uns artistas.
Podedes ver unha mostra dos traballos realizados, que decoraron a Escola Infantil nestes días de Sanmaín, nas fotografías que podedes ver a continuación.
Este é o resultado final da colaboración de todas as familias de Arela.
Podedes ver unha mostra dos traballos realizados, que decoraron a Escola Infantil nestes días de Sanmaín, nas fotografías que podedes ver a continuación.
martes, 25 de octubre de 2016
Magosto 2016
Xa nos estamos a acercar á festividade do Magosto que a ANPA de ARELA está a organizar e que se celebrará a partires das 16:00 h. do venres 4 de novembro.
No cartel adxunto podedes consultar toda a información de interese sobre este evento. Simplemente recordarvos que:
- Imos asar castañas.
- Contamos coa vosa colaboración (botádelle unha ollada ao panel informativo co que conta a ANPA de ARELA para informarvos sobre como podedes colaborar) e participación.
- Teremos un contacontos.
- Sortearemos un conto.
ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!
domingo, 23 de octubre de 2016
Recursos para decorar cabazas
O prometido é débeda. Na anterior publicación comprometémonos a colgar neste blog algúns enlaces nos que atopar información útil para esculpir ou decorar cabazas. Estas son os recursos que vos propoñemos:
Nesta ligazón podedes atopar información sobre como vaciar unha cabaza, nesta outra atoparedes algunhas plantillas para tallar cabazas. Se buscades nas imaxes de Google, veredes unha chea de exemplos que vos poden dar ideas sobre como decorar ou tallar unha cabaza.
Recordade que aínda estades a tempo de anotarvos para participar na xuntanza que terá lugar mañá en Arela, organizada pola ANPA para decorar e esculpir as cabazas que adornarán a escola para a celebración da festa do Samaín o venres 28. Animádevos!! Se sodes socios/as non vos custará nada a participación nesta xuntanza e se non o sodes ten un custo de 3€ por persoa.
martes, 18 de octubre de 2016
Xuntanza de decoración de cabazas
Achégase o Sanmaín, así nuns días toca adornar a escola con cabazas decoradas por nós. Para axudarche nesta tarea a ANPA de ARELA ten programada para o vindeiro 24 de outubro unha xuntanza. Se queres participar só tes que traer unha cabaza, no caso de que queiras tallala e se queres decorala podes traer ademais da cabaza, pinturas, goma eva, papel de aluminio...Próximamente colgaremos neste blog recursos de onde podes coller ideas para decorar a túa cabaza.
Reuniremonos o día 24 de outubro no patio da escola de 16:30 h. a 18:30 h. Podedes traer aos vosos fillos/as.
Recorda que se eres socio/a da ANPA esta actividade é de balde e se non o eres custa 3 €.
Non olvides anotarte no Recanto de pais e nais da túa aula.
Tés máis información no cartel adxunto.
ANÍMATE A PARTICIPAR!!!
Reuniremonos o día 24 de outubro no patio da escola de 16:30 h. a 18:30 h. Podedes traer aos vosos fillos/as.
Recorda que se eres socio/a da ANPA esta actividade é de balde e se non o eres custa 3 €.
Non olvides anotarte no Recanto de pais e nais da túa aula.
Tés máis información no cartel adxunto.
ANÍMATE A PARTICIPAR!!!
domingo, 9 de octubre de 2016
A ANPA de ARELA trae o seu primeiro "tuppertoys"
Se estades interesados en participar nesta actividade podedes anotarvos antes do 24 de outubro no recanto da ANPA de Arela. Podedes informarvos no cartel adxunto.
Recordade que o vindeiro luns 17 de setembro realizaremos o "Obradoiro de control de esfínteres". Se estades interesados/as aínda estades a tempo de anotarvos no recanto da ANPA de Arela.
Recordade que o vindeiro luns 17 de setembro realizaremos o "Obradoiro de control de esfínteres". Se estades interesados/as aínda estades a tempo de anotarvos no recanto da ANPA de Arela.
miércoles, 5 de octubre de 2016
Programación de actividades da ANPA de ARELA curso 2016-2017
Dende a ANPA de ARELA
comprácenos comunicarvos que xa contamos coa planificación de actividades deste
curso. Como podedes ver no póster contamos con actividades para pais e nais e
actividades conxuntas onde poden participar os pais e as nais cos seus fillos/as.
No caso das actividades para adultos, podedes traer igualmente á escola aos
vosos nenos e nenas, xa que van estar pasando un bo rato cun coidador da escola
mentres nós nos informamos dalgunhas cousas interesantes. Estade pendentes
deste blog do noso Facebook e dos taboleiros informativos da escola, xa que hai
actividades que poden estar suxeitas a modificacións.
ANIMÁDEVOS A
PARTICIPAR!!!!
domingo, 2 de octubre de 2016
Obradoiro de control de esfínteres
Como sei que o meu neno ou a miña nena está preparado para quitar o
cueiro?, cando debo facelo?, cando debo retirarllo polas noites?
Estas e outras dúbidas poderalas resolver no Obradoiro de control de esfínteres que terá lugar o vindeiro 17 de outubro no patio da escola ás 16:30
h.
Estará impartido por Silvia Delgado
Blanco (mestra e psicopedagoga)
Lotaría de Nadal
Xa temos á vosa disposición as participacións da lotaría de Nadal da ANPA. Para
mercalas tendes que dirixirvos a algún dos membros da directiva (Cristina, Sarah,
Ana ou Eva, nais de alumnos/as da aula 8).
Os boletos custan 5 euros, dos
cales 4 euros adícanse ó sorteo “de
Nadal” que se celebra como cada ano o 22 de decembro e 1 euro ó sorteo dunha
marabillosa cesta de Nadal.
Grazas e moita sorte!
Faite socio da A.N.P.A.
Se queres formar parte da ANPA da escola infantil ARELA podes poñerte en
contacto con nós a través do seguinte enderezo electrónico: apnaarela@gmail.com, podes tamén enviarnos unha mensaxe ao
noso Facebook: ANPA Escola Infantil Arela ou podes falar persoalmente con algunha
das persoas que forman parte da directiva (todas elas son nais de nenos/as da
aula 8).
POR QUE FACERME SOCIO/A?
Porque participando nas actividades de ANPA ARELA estreitamos lazos de
unión entre as familias dos nenos e nenas escolarizados na EIM ARELA.
Porque poderás asistir de xeito gratuíto ou cun custe mínimo ás actividades
organizadas pola ANPA ARELA fóra do horario lectivo.
Porque colaboras nas actividades que a ANPA ARELA organiza e sufraga para
todos os nenos e nenas en horario lectivo.
CAL É A COTA DE SOCIO/A?
A cota de socio é de 30€ por
familia.
COMO FACERME SOCIO/A?
Ingresando a cota anual (30 €) no
seguinte número de conta da ANPA ARELA (entidade bancaria: Banco Sabadell):
IBAN : ES30 0081 5187 8100
0122 2030
Se o prefires, podes facer o pago en metálico á tesoureira da ANPA (Ana:
Nai de Sofía da aula 8).
Asemblea anual da A.N.P.A.
Ola a todos/as!! Xa estamos arrincando motores de novo, de feito o pasado
12 de setembro a ANPA de Arela reuniuse
en sesión ordinaria para tratar os seguintes asuntos:
- Posta a disposición dos presentes dos cargos da xunta directiva.
- Aprobacións de contas do exercicio anterior
- Aprobación de contas do exercicio actual: Acórdase manter a cota anual en 30 €, facer participacións de lotería para recadar fondos e establecer unha cota xeral de 5€ para aquelas persoas que participen nas actividades organizadas pola ANPA de Arela, quedando exentas as familias que sexan socias.
- Proposta e análise de actividades organizadas pola ANPA: Obradoiro de control de esfínteres, obradoiro de decoración de cabazas, celebración do magosto, Excursión á Granxa de Xanceda…
Suscribirse a:
Entradas (Atom)