Supoño que veredes habitualmente na nosa pequena axenda (situada na parte superior dereita do blog) algunha das citas marcadas todas as semanas coas bebetecas e bibliotecas municipais. Isto é así sinxelamente porque temos a sorte de contar cun servizo de animación á lectura para @s nos@s peques moi moi activo.
Nesta breve entrada pre-festas do Entroido queremos lembrarvos as múltiples oportunidades que se nos ofrecen todas as semanas desde as bebetecas (para peques de 0 a 24 meses) e nas bibliotecas para @s que xa cumpriron os dous aniños.
Que non sabedes onde tedes bebetecas? Aquí estamos nós para axudarvos, por suposto: nos Rosales, no Fórum Metropolitano, no Ágora e na Biblioteca Infantil e Xuvenil. As citas dos bebeencontros podedes atopalas no seu blog, o mesmo lugar no que podedes tamén apuntarvos para cada sesión o luns anterior a que se celebre.
Neste punto temos que facer unha pequena parada para animarvos a visitar habitualmente tamén o blog das bebetecas porque, ademais de poder apuntar @s vos@s peques aos bebeencontros, poderedes atopar moitas recomendacións sobre como estimular aos nosos bebés e introducilos no marabilloso mundo da lectura.
E se @s vos@s nen@s xa teñen máis de 24 meses, daquela, as súas citas son cos Contos enCantos da biblioteca do Castrillón e cos Nosos contos, no Fórum Metropolitano.
Ah!, case nos despistamos, para os que xa cumpriron os tres anos tamén están todas as citas das Merendas con contos na biblioteca do voso barrio. Poderedes atopar información na web das bibliotecas municipais.
Así que, xa sabedes, nestas pequenas vacacións, aínda que non vaian á alfombra a ler un conto, non tedes porque esquecervos dos libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario