Como moit@s
xa saberedes, vén de se celebrar a Asemblea Anual da Asociación de
Pais e Nais de Arela. Estivemos ben a gustiño falando da actividade
da asociación e de diversas cuestións de loxística que nunca se
poden esquecer.
En primeiro lugar, presentamos este
blog e fixemos especial fincapé no que supón como canle de
comunicación con todos e todas vós para o día a día. Estamos
agardando polas vosas suxestións, protestas, loubanzas, ideas,
aportacións en todo aquelo que poida axudar aos nos@s
peques e ao bo funcionamento da escola.
Por exemplo, na Asemblea falamos de
diferentes propostas de charlas e talleres que poderíamos facer este
curso: acompañamento no desenvolvemento, novas tecnoloxías 0-3
anos, talleres sobre resolución de conflitos... Agora queremos que
nos digades se vos apetece algunha destas propostas ou se tedes vós
algunha que facer.
Por outra banda, acordouse manter a
cota anual de 30 euros que neste ano deberán ingresarse na nova
conta bancaria que estamos agora mesmo a xestionar (polos problemas
que existían coa que tiñamos até este momento), para podermos
organizar varias actividades no que queda de curso. Por certo que
este ano tamén queremos contar con vós para termos unha xornada de
convivencia a final de curso.
Unha das propostas que xurdiu foi a de
que houbese algún pai ou nai da Asociación como referente en cada
aula para que ninguén se despiste e que teñades alguén a quen
preguntarlle algunha dúbida sobre as actividades da APNA. Se
estades interesad@s, xa sabedes,
correo a apnaarela@gmail.com
e solucionado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario