Aquí vai o
prometido, imos colaborar co reto QUIMIONS Coruña.
O vindeiro
xoves, 19 de novembro, de 16:00 a 18:00, faremos un obradoiro na escola para
poder colaborar.
E que é iso
dos QUIMIONS? Pois tal e como conta no seu facebook,QUIMIONS Coruña, son fundas feitas con fieltro con
debuxos infantís, que cobren as bolsas de fármacos que precisan os nenos
sometidos a tratamentos de oncoloxía.
Cal é o Reto? Dotar a sala de oncoloxía pediátrica do hospital de A Coruña, de QUIMIONS para todos.
E por iso puxemos en marcha este actividade, ti trae o fieltro, e nos poñemos o resto, e entre
todos axudaremos a facer a estancia dos nenos desta planta un pouco mais
amena e menos traumática.
Podedes vir
con nenos e amigos, cantos máis mellor, e facer o QUIMION na escola, ou no caso de que non poidades
vir o obradoiro, podes deixar o teu QUIMION feito alí, pregunta por nos, a
anpa.
Si queredes máis información do reto podedes visitar a súa paxina web.
Esperamos a vosa colaboración.
Un saúdo e deica logo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario