viernes, 6 de noviembre de 2015

Hola a todos, comezamos!



Xa andamos por aquí, non sen dificultades, pero empezamos a poñernos en marcha.

Primeiro imos a presentarnos. 

As que tomamos o relevo nesta asociación somos Eva nai de Oliver coma presidenta, Cris nai de Andrea e Gabriel coma vicepresidenta, Sarah nai de Hugo coma secretaria e Ana nai de Sofía coma secretaria, e dáse a coincidencia de que os nosos nenos son todos da aula 5, ainda que Cris tamén ten representación na Aula 1, a vantaxe de ter dous fillos!

Pouco a pouco,  iremos poñéndonos en marcha, estaremos encantadas de que nos propoñades cousas e sobre todo, de que participedes nas que poidamos propoñer nos.

Iremos colgando neste blog novidades, propostas e resultados das actividades que poidamos ir facendo.


Por último, contarvos que estamos moi ilusionadas e que intentaremos facer cousas que nos podan interesar a todos, e pedirvos desculpas polos erros que poidamos cometer, que de seguro cometeremos, pero intentaremos solucionar da mellor maneira posible.

Un saúdo e deica logo!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario