A Asociación de Pais e Nais de Arela organiza unha nova actividade. Nesta ocasión poderedes asistir a unha charla que vos axudará a afrontar situacións usuais nos pequenos e pequenas que moitas veces non sabemos ben como atallar: rabietas, desobediencia, pelexas, ciumes, etc.
Podemos modificar estas reaccións empregando a disciplina positiva. Queres saber como? Pois non faltes á charla que terá lugar na escola o próximo día 16 de marzo ás 16:30 horas.
Podes traer aos teus fillos, xa que haberá un monitor que coidará deles. Este servicio é de balde para os socios da Asociación mentres que os non socios pagarán 5 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario