Así pasamos a tarde, entre ovellas, lá, conversas, aprendizaxes, algún conto e moitos puntos que se escapaban. Éste pode ser un brevísimo resumo da primeira sesión de obradoiro de calceta, tecedeiras, tecedeiros que celebramos esta tarde na nosa escola.
Como non se pode resumir o ben que o pasamos déixovos algunhas pingas en forma de imaxes e xa vos anunciamos que hai prevista unha nova sesión dentro de quince días na que os e as peques seguirán experimentando coa lá, correndo e xogando e as e os maiores (maioritariamente "as", animádevos homes!) seguiremos tentando facer un fermoso pucho de lá mentres botamos unhas risas.
Estudante en prácticas,quedei encantada de poder asistir con todas vóas ao obradoiro de calecta, grazas por deixarme formar parte da vosa pequena familia e por emprestarme o libro (Mama de Lucía).
ResponderEliminarSintoo mais ao de hoxe (luns 20) non puiden asistir, espero voltarvos a ver pronto.
Grazas novamente!