Aquí estamos de novo, coas pilas ben cargadas despois da fin de semana e da interesantísima charla de Marisa Pendas que a tod@s nos soubo a pouco. Con ela falamos dese vínculo invisíbel e indestrutíbel que nos une aos nosos peques e que temos que alimentar e coidar con moito mimo para axudalos a medrar.
E a verdade é que tod@s nos quedamos con ganas de seguir falando varias horas máis porque o tema dá para moito. Falamos de como, en realidade, todo o que sucede dende que @s nos@s fill@s veñen ao mundo até que se independizan é un proceso marabillosamente ben diseñado e para o que veñen moi, pero que moi ben equipad@s "de serie".
Por suposto, a parte máis interesante xurdiu cando boa parte dos e das asistentes abrimos un pequenísimo debate no que compartimos os nosos pareceres sobre distintos temas que teñen que ver coa evolución dos peques e coa súa escolarización, entre outros asuntos.
Ademais de comentarvos brevemente o content@s que saimos da nosa primeira actividade, tamén queríamos comunicarvos que nos últimos meses varios pais e nais nos teñen comentado o seu interese por que a escola puidese recuperar o seu antigo horario (o do curso 2012-2013) e pechar ás cinco, en lugar de ás catro, como sucede agora.
Algúns saberedes e outr@s non que o ano pasado fíxose unha consulta sobre cantos pais e nais estaban interesad@s en manter ese horario e ao non alcanzarse a cifra do 10% do total, tal e como se estipula no regulamento das escolas infantís municipais, decidiuse eliminar esa hora.
Como comentabamos, neste curso, varios pais e nais nos teñen manifestado o seu interese por recuperar o antigo horario debido ás dificultades que teñen para conciliar a súa vida laboral coa familiar. Como é o noso labor, recollemos as súas peticións e llas trasladamos á dirección do centro que nos ten comunicado que non habería ningún problema en recuperar o antigo horario de 8.00 a 17.00 horas, sempre que exista unha demanda suficiente.
Por iso queríamos trasladarvos esta posibilidade, por se estades vós tamén interesad@s en que se volva ofertar esta hora de 16.00 a 17.00, por parte da escola. Se é así, facédenolo saber, recolleremos todas as peticións se non podedes pasar vós pola dirección a comunicalo e farémosllas chegar.
Eu creo que a moitos pais seríanos mais fácil a conciliación se a escola non pechara tan cedo, de todas as municiapis parece que é a que mais tarde abre e a que mais cedo pecha.
ResponderEliminarQueremos recoller as vosas propostas e opinións ao respecto, por iso vos pedimos que vs poñades en contacto con nós en persoa ou vía mail para recoller todas as peticións. Grazas
ResponderEliminar