E por fin saiu o sol e con el saímos dos nosos caparazóns e nos puxemos a correr e correr polos parques, xardíns, praias, avenidas, paseos ou calquera zona a que @s nos@s peques decidisen convertir na súa nova pista de exploración.
Chegou o momento de explorar novas posibilidades e de facer novas propostas se queremos que @s nos@s fill@s se centren en algo.
Hoxe temos unha proposta pensada para os das clases 4, 5, 6, 7 e 8 porque os bebés aínda teñen que desenvolver un pouco máis os seus pulmóns e as súas habilidades para poder sacarlles rendemento.
Por que non propoñerlles ao voltar a casa despois de corretear un circuito de sopro? Como seguro que será difícil que se concentren en algo que precise moita atención achegámonos propostas para que desenvolvan as súas habilidades de sopro, fundamentais na súa fala.
(Imaxe da caixa de sopro de DestinoOz)
Achegámosvos, por exemplo, as propostas de circuito de sopro do blog El sonido de la hierba al crecer e do blog do que vos falamos aínda hai ben pouco DestinoOz, por exemplo, entre moitas outras.
Probade algunha delas e de certo que se vos ocorreran ideas novas.
Grazas pola suxerencia, moi interesante.
ResponderEliminarGrazas a ti por seguir o blog
Eliminar