A ANPA da EIM Arela vén de organizar unha magnífica excursión á Casa Grande de Xanceda, na cal poderedes desfrutar de primeira man cos vosos fillos/as da natureza e dos animais, coñecer os procesos que se levan a cabo nunha granxa ecolóxica, coñecer o proceso de elaboración de iogures ecolóxicos... A mesma terá lugar o vindeiro sábado 10 de xuño. Temos dúas quendas para elixir: Unha ás 16:00 h. e outra ás 18:00 h.. No caso de reunir un mínimo de 25 persoas en calquera das dúas quendas haberá que alugar un autobús que correrá a cargo da ANPA. Se estades interesados/as non dubidedes en anotarvos nos listados que temos colgados no taboleiro da ANPA que está á entrada da escola.
Blog da Asociación de Pais e Nais de Arela
miércoles, 17 de mayo de 2017
miércoles, 5 de abril de 2017
Imaxes da actuación do Mago Mauro
jueves, 30 de marzo de 2017
Actuación do Mago Mauro na EIM ARELA
O vindeiro martes 4 de abril actuará o Mago Mauro en Arela. Haberá dúas quendas de actuacións en horario escolar: Unha ás 11:00 h. para as aulas 1, 2, 3, 4 e 5 e outra ás 11:45 h. para as aulas 6,7 e 8.
O custo desta actividade corre a cargo da ANPA de ARELA. Un ano máis poderán asistir dous pais/nais asociados á ANPA por actuación, polo que non dubidedes en poñervos en contacto con nós se estades interesados/as. No caso de que haxa máis solicitudes ca prazas faremos un sorteo.
Anímádevos a participar!!!!
viernes, 17 de marzo de 2017
Nova data para a asemblea extraordinaria da ANPA adiada hai uns días
Ola a todos/as!! Xa contamos con nova data para celebrar a vindeira asemblea de caracter extraordinario que terá lugar o vindeiro luns, 27 de marzo ás 16:30 h. no patio da escola. Todas aquelas persoas interesadas en asistir podedes anotarvos nos "Recantos de pais e nais" que tedes na entrada das distintas aulas. Podedes ver a información detallada sobre a dita convocatoria na seguinte imaxe.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
viernes, 3 de marzo de 2017
Adiada a asemblea do vindeiro luns
Ola a todos e todas, como hai moitas persoas que nos dixestes que non podiades asistir á vindeira asemblea da ANPA de Arela que estaba programada para o vindeiro luns, 6 de marzo ás 16:00 h., decidimos adiala e organizala para outra data que permita asistir a un maior número de persoas interesadas.
viernes, 24 de febrero de 2017
CHARLA "Educa bonito con disciplina positiva"
A Asociación de Pais e Nais de Arela organiza unha nova actividade. Nesta ocasión poderedes asistir a unha charla que vos axudará a afrontar situacións usuais nos pequenos e pequenas que moitas veces non sabemos ben como atallar: rabietas, desobediencia, pelexas, ciumes, etc.
Podemos modificar estas reaccións empregando a disciplina positiva. Queres saber como? Pois non faltes á charla que terá lugar na escola o próximo día 16 de marzo ás 16:30 horas.
Podes traer aos teus fillos, xa que haberá un monitor que coidará deles. Este servicio é de balde para os socios da Asociación mentres que os non socios pagarán 5 euros.
Podemos modificar estas reaccións empregando a disciplina positiva. Queres saber como? Pois non faltes á charla que terá lugar na escola o próximo día 16 de marzo ás 16:30 horas.
Podes traer aos teus fillos, xa que haberá un monitor que coidará deles. Este servicio é de balde para os socios da Asociación mentres que os non socios pagarán 5 euros.
sábado, 18 de febrero de 2017
Asemblea da ANPA Arela
O vindeiro luns, 6 de marzo de 2.017, ás catro da tarde, celebrarase unha nova asemblea da ANPA da Escola Infantil Arela. Non faltedes!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)