Benvid@s
tod@s a esta a vosa casa
Comezamos aquí a nosa aventura no
mundo dixital, o que non é máis que unha forma máis de
achegármonos e de poder estar en contacto con todos os pais e nais
d@s amig@s da
escola infantil municipal Arela.
Este blog nace para abrir máis
posibilidades de comunicación no noso día a día. Tod@s
sabemos que a nosa rutina se convirte moitas veces nunha carreira
contrarreloxo na que non atopamos sempre tempo para todo o que
queremos. Chegamos á escola, despedímonos d@s
nos@s fill@s
mentres deixamos as súas cousas, falamos un intre coa súa mestra ou
mestre e botamos a correr para chegar a tempo a mil citas moitas
veces sen ocasión de botar un ollo aos taboleiros de anuncios do
centro e moito menos aínda de buscar unha forma de contactar coa
xente do Apna para lle comentar unha idea ou lle facer chegar unha
protesta de calqueira tipo. Agora xa non tedes excusa, no traballo ou
na casa, no ordenador de mesa, no portátil, no teléfono “listo”
ou no tablet podedes seguir as novidades da Apna e facernos chegar
todos os comentarios que queirades.
Pouco a pouco iredes vendo o que
pretendemos facer con este blog: un punto de encontro no que poidades
achegarnos calquera cousa que se vos pase pola cabeza sobre o
funcionamento da escola (dende problemas do día a día até algunha
boa nova), suxestións, propostas, ideas (por tolas que nos parezan,
porque ás veces de aí é de onde saen os grandes avances das nosas
vidas) ou mesmo algunha aportación que poida enriquecer o contido do
blog.
Nós, pola nosa banda, comprometémonos
a manter viva esta bitácora con novas actividades que iremos
programando ao longo do curso, charlas, encontros e quizais ate
poidamos tomarnos un café tod@s algún
día. Pero tamén aportaremos ideas con actividades que podemos facer
c@s nos@s fill@s a través dunha axenda de ocio da área da Coruña e
cousiñas que podemos facer na casa para xogar e estimular @s peques.
Aquí estamos para o que queirades.
Agardámosvos e animámosvos a participar na Apna e neste blog porque
sen vós non existiriamos.