A ANPA da EIM Arela vén de organizar unha magnífica excursión á Casa Grande de Xanceda, na cal poderedes desfrutar de primeira man cos vosos fillos/as da natureza e dos animais, coñecer os procesos que se levan a cabo nunha granxa ecolóxica, coñecer o proceso de elaboración de iogures ecolóxicos... A mesma terá lugar o vindeiro sábado 10 de xuño. Temos dúas quendas para elixir: Unha ás 16:00 h. e outra ás 18:00 h.. No caso de reunir un mínimo de 25 persoas en calquera das dúas quendas haberá que alugar un autobús que correrá a cargo da ANPA. Se estades interesados/as non dubidedes en anotarvos nos listados que temos colgados no taboleiro da ANPA que está á entrada da escola.
miércoles, 17 de mayo de 2017
miércoles, 5 de abril de 2017
Imaxes da actuación do Mago Mauro
jueves, 30 de marzo de 2017
Actuación do Mago Mauro na EIM ARELA
O vindeiro martes 4 de abril actuará o Mago Mauro en Arela. Haberá dúas quendas de actuacións en horario escolar: Unha ás 11:00 h. para as aulas 1, 2, 3, 4 e 5 e outra ás 11:45 h. para as aulas 6,7 e 8.
O custo desta actividade corre a cargo da ANPA de ARELA. Un ano máis poderán asistir dous pais/nais asociados á ANPA por actuación, polo que non dubidedes en poñervos en contacto con nós se estades interesados/as. No caso de que haxa máis solicitudes ca prazas faremos un sorteo.
Anímádevos a participar!!!!
viernes, 17 de marzo de 2017
Nova data para a asemblea extraordinaria da ANPA adiada hai uns días
Ola a todos/as!! Xa contamos con nova data para celebrar a vindeira asemblea de caracter extraordinario que terá lugar o vindeiro luns, 27 de marzo ás 16:30 h. no patio da escola. Todas aquelas persoas interesadas en asistir podedes anotarvos nos "Recantos de pais e nais" que tedes na entrada das distintas aulas. Podedes ver a información detallada sobre a dita convocatoria na seguinte imaxe.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
viernes, 3 de marzo de 2017
Adiada a asemblea do vindeiro luns
Ola a todos e todas, como hai moitas persoas que nos dixestes que non podiades asistir á vindeira asemblea da ANPA de Arela que estaba programada para o vindeiro luns, 6 de marzo ás 16:00 h., decidimos adiala e organizala para outra data que permita asistir a un maior número de persoas interesadas.
viernes, 24 de febrero de 2017
CHARLA "Educa bonito con disciplina positiva"
A Asociación de Pais e Nais de Arela organiza unha nova actividade. Nesta ocasión poderedes asistir a unha charla que vos axudará a afrontar situacións usuais nos pequenos e pequenas que moitas veces non sabemos ben como atallar: rabietas, desobediencia, pelexas, ciumes, etc.
Podemos modificar estas reaccións empregando a disciplina positiva. Queres saber como? Pois non faltes á charla que terá lugar na escola o próximo día 16 de marzo ás 16:30 horas.
Podes traer aos teus fillos, xa que haberá un monitor que coidará deles. Este servicio é de balde para os socios da Asociación mentres que os non socios pagarán 5 euros.
Podemos modificar estas reaccións empregando a disciplina positiva. Queres saber como? Pois non faltes á charla que terá lugar na escola o próximo día 16 de marzo ás 16:30 horas.
Podes traer aos teus fillos, xa que haberá un monitor que coidará deles. Este servicio é de balde para os socios da Asociación mentres que os non socios pagarán 5 euros.
sábado, 18 de febrero de 2017
Asemblea da ANPA Arela
O vindeiro luns, 6 de marzo de 2.017, ás catro da tarde, celebrarase unha nova asemblea da ANPA da Escola Infantil Arela. Non faltedes!
miércoles, 11 de enero de 2017
Charla sobre fisioterapia respiratoria
Comezamos o 2017 cunha axenda cargada de novas actividades. Para abrir boca, aquí tedes información sobre a vindeira actividade organizada pola ANPA de ARELA. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!
Entrega da cesta/baúl sorteada pola ANPA de ARELA no Nadal
martes, 27 de diciembre de 2016
Número agraciado da cesta de Nadal
O pasado 21 de decembro celebrouse en ARELA a festividades do Nadal, na cal viñeron visitarnos os Reis Magos, que trouxeron regalos para todos os nenos e nenas da escola. Na dita festividade a ANPA de ARELA celebrou o sorteo da cesta de Nadal das participacións vendidas para o Sorteo de Nadal. O número agraciado para gañar a cesta foi o 124.
En canto ao Sorteo de Nadal, non tivemos sorte co número que xogamos, pero queremos aproveitar a ocasión para dar as grazas a todas aquelas personas que colaborastes con a ANPA de ARELA comprando participacións de lotaría e para desexarvos unhas felices festas.
sábado, 19 de noviembre de 2016
Resumo da festividade do Magosto celebrada na EIM ARELA o pasado 4 de novembro
Ola a todos/as!! Podedes ver neste post un vídeo-resumo sobre a festa que celebramos o pasado 4 de novembro con motivo do Magosto. Esperamos que vos guste!!!
domingo, 13 de noviembre de 2016
Obradoiro de porteo ergonómico
Recordade que o vindeiro martes, 13 de novembro celebrarase na EIM ARELA un Obradoiro de porteo ergonómico, organizado pola ANPA de ARELA e impartido pola asesora de porteo Elena Seco.
Neste obradoiro poderedes resolver as vosas dúbidas sobre beneficios que nos pode aportar aos pais e nais, sobre como realizar o porteo adecuadamente, así como os tipos e usos de portabebés.
Se estades interesados/as en participar podedes anotarvos nos recantos de pais e nais das aulas.
O obradoiro é de balde para os socios e para os non socios tén un custo de 3 €.
AÍNDA ESTADES A TEMPO DE ANOTARVOS!!
OS ASISTENTES A ACTIVIDADE OBTEREDES UN 5% DE DESCONTO NA TENDA "EN BRAZOS".
Recordatorio sesións TUPPERTOYS
Queremos recordar ás persoas que vos anotastes ás sesións de Tuppertoys que terán lugar os vindeiros mércores, 30 de novembro e xoves, 1 de decembro ás 16:30 horas. Cada persoa está anotada só nunha das dúas sesións en función da súa petición. NON ESQUENZADES A CITA!!!
domingo, 30 de octubre de 2016
Xa decoramos as nosas cabazas!
O pasado luns, 24 de outubro, celebramos a xuntanza de decoración de cabazas na Escola cun éxito de participación. Nais, pais e nenos e nenas botaron a voar a súa imaxinación, traballaron moitísimo e demostraron que son uns artistas.
Podedes ver unha mostra dos traballos realizados, que decoraron a Escola Infantil nestes días de Sanmaín, nas fotografías que podedes ver a continuación.
Este é o resultado final da colaboración de todas as familias de Arela.
Podedes ver unha mostra dos traballos realizados, que decoraron a Escola Infantil nestes días de Sanmaín, nas fotografías que podedes ver a continuación.
martes, 25 de octubre de 2016
Magosto 2016
Xa nos estamos a acercar á festividade do Magosto que a ANPA de ARELA está a organizar e que se celebrará a partires das 16:00 h. do venres 4 de novembro.
No cartel adxunto podedes consultar toda a información de interese sobre este evento. Simplemente recordarvos que:
- Imos asar castañas.
- Contamos coa vosa colaboración (botádelle unha ollada ao panel informativo co que conta a ANPA de ARELA para informarvos sobre como podedes colaborar) e participación.

- Teremos un contacontos.
- Sortearemos un conto.
ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!
domingo, 23 de octubre de 2016
Recursos para decorar cabazas
O prometido é débeda. Na anterior publicación comprometémonos a colgar neste blog algúns enlaces nos que atopar información útil para esculpir ou decorar cabazas. Estas son os recursos que vos propoñemos:
Nesta ligazón podedes atopar información sobre como vaciar unha cabaza, nesta outra atoparedes algunhas plantillas para tallar cabazas. Se buscades nas imaxes de Google, veredes unha chea de exemplos que vos poden dar ideas sobre como decorar ou tallar unha cabaza.
Recordade que aínda estades a tempo de anotarvos para participar na xuntanza que terá lugar mañá en Arela, organizada pola ANPA para decorar e esculpir as cabazas que adornarán a escola para a celebración da festa do Samaín o venres 28. Animádevos!! Se sodes socios/as non vos custará nada a participación nesta xuntanza e se non o sodes ten un custo de 3€ por persoa.martes, 18 de octubre de 2016
Xuntanza de decoración de cabazas
Achégase o Sanmaín, así nuns días toca adornar a escola con cabazas decoradas por nós. Para axudarche nesta tarea a ANPA de ARELA ten programada para o vindeiro 24 de outubro unha xuntanza. Se queres participar só tes que traer unha cabaza, no caso de que queiras tallala e se queres decorala podes traer ademais da cabaza, pinturas, goma eva, papel de aluminio...Próximamente colgaremos neste blog recursos de onde podes coller ideas para decorar a túa cabaza.Reuniremonos o día 24 de outubro no patio da escola de 16:30 h. a 18:30 h. Podedes traer aos vosos fillos/as.
Recorda que se eres socio/a da ANPA esta actividade é de balde e se non o eres custa 3 €.
Non olvides anotarte no Recanto de pais e nais da túa aula.
Tés máis información no cartel adxunto.
ANÍMATE A PARTICIPAR!!!
domingo, 9 de octubre de 2016
A ANPA de ARELA trae o seu primeiro "tuppertoys"
Se estades interesados en participar nesta actividade podedes anotarvos antes do 24 de outubro no recanto da ANPA de Arela. Podedes informarvos no cartel adxunto.
Recordade que o vindeiro luns 17 de setembro realizaremos o "Obradoiro de control de esfínteres". Se estades interesados/as aínda estades a tempo de anotarvos no recanto da ANPA de Arela.
Recordade que o vindeiro luns 17 de setembro realizaremos o "Obradoiro de control de esfínteres". Se estades interesados/as aínda estades a tempo de anotarvos no recanto da ANPA de Arela.
miércoles, 5 de octubre de 2016
Programación de actividades da ANPA de ARELA curso 2016-2017
Dende a ANPA de ARELA
comprácenos comunicarvos que xa contamos coa planificación de actividades deste
curso. Como podedes ver no póster contamos con actividades para pais e nais e
actividades conxuntas onde poden participar os pais e as nais cos seus fillos/as.
No caso das actividades para adultos, podedes traer igualmente á escola aos
vosos nenos e nenas, xa que van estar pasando un bo rato cun coidador da escola
mentres nós nos informamos dalgunhas cousas interesantes. Estade pendentes
deste blog do noso Facebook e dos taboleiros informativos da escola, xa que hai
actividades que poden estar suxeitas a modificacións.
ANIMÁDEVOS A
PARTICIPAR!!!!
domingo, 2 de octubre de 2016
Obradoiro de control de esfínteres
Como sei que o meu neno ou a miña nena está preparado para quitar o
cueiro?, cando debo facelo?, cando debo retirarllo polas noites?
Estas e outras dúbidas poderalas resolver no Obradoiro de control de esfínteres que terá lugar o vindeiro 17 de outubro no patio da escola ás 16:30
h.
Estará impartido por Silvia Delgado
Blanco (mestra e psicopedagoga)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















