O prometido é débeda. Na anterior publicación comprometémonos a colgar neste blog algúns enlaces nos que atopar información útil para esculpir ou decorar cabazas. Estas son os recursos que vos propoñemos:
Nesta ligazón podedes atopar información sobre como vaciar unha cabaza, nesta outra atoparedes algunhas plantillas para tallar cabazas. Se buscades nas imaxes de Google, veredes unha chea de exemplos que vos poden dar ideas sobre como decorar ou tallar unha cabaza.

No hay comentarios:
Publicar un comentario