Ola a todos/as!! Podedes ver neste post un vídeo-resumo sobre a festa que celebramos o pasado 4 de novembro con motivo do Magosto. Esperamos que vos guste!!!
sábado, 19 de noviembre de 2016
domingo, 13 de noviembre de 2016
Obradoiro de porteo ergonómico

Neste obradoiro poderedes resolver as vosas dúbidas sobre beneficios que nos pode aportar aos pais e nais, sobre como realizar o porteo adecuadamente, así como os tipos e usos de portabebés.
Se estades interesados/as en participar podedes anotarvos nos recantos de pais e nais das aulas.
O obradoiro é de balde para os socios e para os non socios tén un custo de 3 €.
AÍNDA ESTADES A TEMPO DE ANOTARVOS!!
OS ASISTENTES A ACTIVIDADE OBTEREDES UN 5% DE DESCONTO NA TENDA "EN BRAZOS".
Recordatorio sesións TUPPERTOYS
Queremos recordar ás persoas que vos anotastes ás sesións de Tuppertoys que terán lugar os vindeiros mércores, 30 de novembro e xoves, 1 de decembro ás 16:30 horas. Cada persoa está anotada só nunha das dúas sesións en función da súa petición. NON ESQUENZADES A CITA!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)